Actuacións de 2017

Programa "A pedra que pisas"


Licítase o servizo de conservación e mantemento dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para un período de algo máis de 18 meses (desde mediados de xuño deste ano ata finais de 2018). Durante este espazo de tempo destinaranse 266.000 euros a estas actuacións. Crearase un equipo de canteiros que estará dedicado de maneira exclusiva a reparar de forma inmediata calquera situación de risco para os viandantes.


                                                   



Eliminación do banzo no lousado de acceso peonil á rúa San Francisco


Esta intervención, promovida polo Consorcio de Santiago por encomenda do Concello, alterará lixeiramente a rasante da rúa, de xeito que o banzo onde tantos peóns tropezaron nos últimos anos desapareza para sempre. Está previsto reaproveitar todas as lousas existentes na actualidade, aportando unicamente as pezas especiais que servirán para definir o novo arranque da rampla de acceso ao histórico corredor peonil elevado que discorre polo lado leste da rúa San Francisco. A finalidade é alterar o máis mínimo posible a rasante da rúa neste punto, realizando a menor obra necesaria co obxeto estrito de eliminar o banzo no que tropezan os viandantes.