Comisión Executiva

Principais competencias da Comisión Executiva:

-O servir de apoio ao Consello de Administración.

-O seguimento da actividade do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, que se analiza e estuda, para preparar os acordos que deban ser adoptados no Consello de Administración.

-A elaboración do regulamento orgánico e de funcionamento interno do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, a programación plurianual da súa actividade e a relación de postos de traballo e das súas formas de provisión, que serán aprobados polo consello de administración.

-A información, antes da súa aprobación polo consello de administración, do orzamento anual do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, así como as súas bases de execución e a liquidación do orzamento anual.

-A contratación de obras, servizos, subministracións ou asistencias técnicas, cuxo orzamento exceda o límite establecido para a xerencia.

-A aprobación de convenios con entidades públicas ou privadas, que se estimen necesarios para o desenvolvemento dos programas previstos polo consello de administración.


Presidente
D. Martiño Noriega Sánchez
Alcalde de Santiago de Compostela


Vogais
Dna. Carmen Alcalá Sacristán
Inspectora xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública
D. Xesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educuación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia


Secretario
D. José Ramón Alonso Fernández
Secretario do Concello e secretario do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela


Teñen dereito de asistencia, con voz e sen voto:

 

D. Agustín Hernández Fernández de Rojas
Concelleiro do Concello de Santiago


D. Francisco Reyes Santiás
Concelleiro do Concello de Santiago

 

Dna. Consuelo Lage Ferrón

Interventora do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela


Dna. Belén Hernández Lafuente

Xerente do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela

 

Asiste por invitación da presidencia:


D. Rubén Cela Díaz
Concelleiro do Concello de Santiago