O clarinetista Eduardo R. Beltrán impartirá clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais os días 23 e 24 de febreiro de 12 a 2 e de 4 a 8 o xoves e de 11 a 12 e o venres de 4 a 7.

Ademais, ofrecerá tres horas para o alumnado do Curso Superior de Especialización Orquestral, que será o día 23 de 10 a 12 horas e o 24 de 10 a 11 horas.

Paralelamente a esta actividade ofrecerá o vindeiro venres 24 de febreiro unha charla-exposición que levará por nome 'Aportacións á interpretación desde o punto de vista dos instrumentos históricos'. A conferencia será de 12:00 a 13:00 horas no Auditorio da EAEM e estará aberta ao alumnado.

Esta charla consistirá nunha presentación-exposición dos instrumentos e unha explicación das súas calidades técnicas, características sonoras, construtores... todo enfocado á interpretación dos concertos máis importantes do noso repertorio.

Eduardo R. Beltrán estudou clarinete no Conservatorio Superior de Música Joaquín Rodrigo de Valencia e, posteriormente, realizou o “Máster de Interpretación” no Conservatorio Giussepe Verdi de Milán. Colaborou con diversas orquestras de toda España e do mundo. En 2002 obtén o posto de clarinete-clarinete baixo na Orquestra Sinfónica de Madrid, ocupando o mesmo posto na Orquestra Nacional de España desde 2006.

Podeche interesar