Programa ConCiencia

O Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago, sabedores da importancia da transferencia do coñecemento e do interese científico da nosa sociedade, crearon no ano 2006 o programa ConCiencia co obxectivo de convidar os personaxes máis influentes da investigación e do coñecemento do mundo para que divulguen os seus avances na capital de Galicia. Deste xeito, a presenza en Santiago das máis eminentes personalidades da Física, a Química, as Matemáticas e a Medicina están a favorecer os vínculos existentes entre o cadro de investigadores da Universidade de Santiago e estas personalidades.

           Web de ConCiencia

 

 

E. Negishi, Nobel de Química                        T. Hunt, Nobel de Medicina            

 

      

                                        L. Glashow, Nobel de Física                       J. M. Lehn, Nobel de Química