Programa de Mantemento

 

O Consorcio de Santiago convoca regularmente axudas destinadas a obras de mantemento en edificios do centro histórico. Convocatorias en 2006, 2008, 2009, 2011, 2013 y 2017.

 

¿Que se subvenciona?

Obras de mantemento e conservación en:

-Cubertas, fachadas exteriores e patios interiores

-Fiestras e galerías de madeira e portas de entrada

-Reixerías

-Elementos comúns interiores de madeira (fiestras, portas, escaleiras, zócalos)

*Con carácter especial e para fomentar a mellora das instalacións de pluviais, subvenciónase o custo da substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como os gardacaños e conexión á rede xeral.

*A subvención inclúe os gastos derivados da instalación de estadas, os honorarios profesionais da redacción do plan de mantemento, do proxecto e dirección da obra.


Beneficiarios

Propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble.

 

Requisitos do inmoble

Estar dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

Uso principal vivenda.

Antigüidade superior a 10 anos.

Condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.


Contía da subvención

40% do orzamento máximo subvencionable

 

Documentos relacionados: