Proxectos Europeos


Proxecto Effesus

O Consorcio de Santiago é un dos 23 socios do proxecto Effesus "Eficiencia enerxética para a sustentabilidade dos centros históricos europeos", da Unión Europea. Ademais da súa experiencia nos procesos de recuperación física e cultural da cidade histórica de Santiago, o Consorcio participa co estudo titulado "Enerxía e medioambiente para a habitabilidade en Santiago de Compostela" e representa a cidade histórica de Santiago de Compostela, como un do sete casos de estudo do programa. 

 

COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! Laboratorio Urbano da Enerxía e Talleres Participativos

No marco do Proxecto Effesus, o Consorcio de Santiago celebrou en maio de 2016 varios talleres para que os cidadáns mellorasen a xestión enerxética nas súas vivendas. Programáronse conferencias, talleres didácticos para nenos e consultas personalizadas dos cidadáns con expertos neste eido.

Programa

 

Ponencia Adolfo Montero

Ponencia Adrián Prieto

Ponencia Andrés Figueiras

Ponencia Anxo Sánchez

Ponencia Dennis Rodwell

Ponencia Jorge Rodríguez

Ponencia Patricia Liñares

 

  



 

 

 

Programa FASUDIR

O Consorcio de Santiago é un dos 11 socios membros do proxecto europeo FASUDIR, cuxo obxectivo é crear unha ferramenta que facilite a toma de decisións á hora de levar a cabo a rehabilitación enerxética dun barrio ou distrito. A cidade de Santiago, xunto con Munich e Budapest, foron seleccionadas pola UE para que as súas actuacións en materia de rehabilitación sirvan de modelo para outras actuacións a nivel europeo.