Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela

En 1991 nacía o Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela, a partir da reformulación dun organismo que, como tal, xa existía dende 1964. O seu obxectivo principal é o de coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural. O órgano executor das accións marcadas polo Real Padroado é o Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, instituído en 1992.

 

  

 

O Real Padroado de Santiago, adscrito administrativamente ao Ministerio de Facenda, mantén a súa sede na cidade de Santiago. A presidencia de honra corresponde ao Rei de España e a presidencia ao Presidente do Goberno. Tamén son membros os ministros de Cultura e Deporte; Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; Fomento; Economía e Empresa; e Facendao Presidente da Xunta de Galicia, o Delegado do Goberno en Galicia, o Arcebispo de Santiago, o Reitor da Universidade de Santiago e o Alcalde de Santiago de Compostela.

O Real Padroado ten como obxectivo promover e coordinar todas aquelas accións que deban realizar en Santiago de Compostela as administracións e entidades que o compoñen, dirixidas á preservación e revitalización do Patrimonio Cultural representado pola Cidade de Santiago, nos seus aspectos histórico-artísticos e arquitectónicos, á difusión dos valores europeístas e ao desenvolvemento e potenciación das actividades turísticas e culturais vinculadas ao itinerario xacobeo.

 

  

 

Para alcanzar ese obxectivo, o labor do Real Padroado é:

a) Promover a execución de obras, servizos e instalacións en xeral, así como a construción e establecemento de medios adecuados de transportes e comunicacións urbanos e interurbanos relacionados cos obxectivos do Padroado.

b) Impulsar a coordinación dos investimentos que se proxecten polas administracións central, autonómica e local, para a realización das obras, servizos e instalacións antes referidas.

c) Promocionar iniciativas e proxectos culturais dirixidos á potenciación da cidade de Compostela na súa condición de lugar de encontro europeo.

 

  

 

Membros actuais do Real Padroado 

 

Rei de España: Felipe VI

Presidente do Goberno: Pedro Sánchez Pérez Castejón

Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación: Josep Borell Fontelles

Ministro de Facenda: Mª Jesús Montero Cuadrado

Ministro de Fomento: José Luis Ábalos Meco

Ministro de Cultura e Deporte: José Guirao Cabrera

Ministro de Economía e Empresa: Nadia Calviño Santamaría

Presidente da Xunta de Galicia: Alberto Núñez Feijoo

Delegado do Gobierno en Galicia: Francisco Javier Losada de Azpiazu

Arzobispo de Santiago: Julián Barrio Barrio

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela: Antonio López Díaz

Alcalde de Santiago de Compostela: Martiño Noriega Sánchez


Documentos relacionados: