Rehabilitación de Locais

O Consorcio de Santiago convoca axudas destinadas á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago de Compostela, co fin de mellorar a súa accesibilidade, eficiencia enerxética, imaxe exterior ou acondicionamento interior.

 

Que se subvenciona?

 -Obras de mellora da accesibilidade: accesos e itinerarios, mobiliario de atención ao público, aseos adaptados e outras instalacións e accesibilidade sensorial.

 -Obras de redución do consumo enerxético: mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, electricidade e acondicionamento de aire.

 -Obras de mellora da imaxe externa: rótulos, carteis publicitarios, carpintarías de ocos exteriores, escaparates, peches de madeira ou metálicos de protección de escaparates e accesos ao local, acabados de fachada, reforma de ocos de fachada e vestíbulos de acceso.

 -Obras de mellora do interior: pavimentos, carpintarías e acabados e outras instalacións.

 -Obras de acondicionamento acústico.

 -Honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da obra.

 

Beneficiarios

Propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre o local.

 

 Requisitos dos locais

 -Estar dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

 -Edificio con antigüidade superior a 10 anos.

 -Condicións suficientes de seguridade estrutural e estanquidade fronte á choiva.

 -Localizarse en planta baixa, semisoto ou primeiro soto e contar con fachada á vía pública.

 -Destinarse a algún dos usos regulados na Normativa Urbanística do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica: comercial, oficinas, actividades industriais e talleres de artesanía, docente, sanitario, asistencial, sociocultural e deportivo.

 

Contía da subvención

40% do orzamento máximo subvencionable



               

 

  

CONVOCATORIA 2017

Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións (SNPS)