Rehabilitación de monumentos 2012

Convento de Santa Clara


Proxecto: rehabilitación no muro occidental.

Intervención: restauración de rexuntados e barros de asento, que presentaban un estado moi deficiente, debido á humidade e que ameazaba desprendementos.

  

 

Igrexa de Santa María de Sar

 

Proxecto: substitución do peldañeado de acceso.

Intervención: modificación da xeometría do peldañeado de acceso á igrexa, para mellorar a accesibilidade das persoas.

 

      


Igrexa de San Pedro


Proxecto: traballos de conservación.

Intervención: labores de mantemento nos muros da igrexa, con renovación dos revocos de cal nas paredes exteriores, que presentaban un estado moi deficiente, con manchas de humidade e desprendementos. Tamén se substituíu a porta de entrada por unha nova, realizada tamén en madeira de castiñeiro.

   

 

 Igrexa de San Bieito do Campo


Proxecto: digitalización de las pinturas murales de la bóveda de la cabecera

Intervención: traballo de documentación e levantamento dixital das pinturas da bóveda da cabeceira da igrexa de San Bieito do Campo, recentemente restauradas.