Rehabilitación de monumentos 2013

Convento de las Madres Mercedarias

Proxecto: restauración do retablo pétreo da fachada principal

Intervención: eliminación de humidades existentes na fachada principal para suprimir ou minimizar os factores de alteración actuais e previr no posible os futuros, posto que baixo todas as cornixas da portada observábanse os efectos da choiva acumulada.

 

Capela de San Roque de Sabugueira (Lavacolla)

Proxecto: rehabilitación do tellado do atrio da capela

Intervención: recuperación da estrutura de madeira que suxeita o teito do atrio, que estaba moi deformada, o que provocaba que a auga da choiva entrase pola cumbreira e ía podrecendo a estrutura. Tamén se limpou a cuberta da capela, que tiña moitas tellas rotas.

 

Igrexa de San Francisco

Proxecto: recuperación do carro de soporte do paso da confraría da Vera Cruz

Intervención: reparouse a base portante do paso, substituíndo os taboleiros aglomerados por outros contrachapados de mellor calidade. E estreitouse a base para evitar rozamentos na porta do templo no momento da entrada e saída do paso con motivo das procesións. 

 

 

Igrexa de Santa María de Figueiras

Proxecto: restauración das pinturas murais 

Intervención: recuperación e conservación das pinturas murais achadas na nave e no prebisterio do templo, mediante a súa consolidación, limpeza, amorteirado e restitución.

 

Igrexa de Santa María de Conxo

Proxecto: intervención na Capela do Santo Cristo.

Intervención: eliminación de humidades existentes en paredes e chan da capela, mediante a instalación de canlóns e baixantes e drenaxe perimetral na fachada norte e revisión de morteiros de fachada.

 

 

Igrexa de Santa Cristina de Nemenzo

Proxecto: restauración do retablo.

Intervención: restauración completa do retablo maior da igrexa parroquial de Nemenzo, parroquia situada na zona rural norte do término municipal. Eliminación e arranxo de desperfectos provocados por alteracións, repintados, humidades e ataque de xilófagos.

         


Pazo de Raxoi

Proxecto: intervención nas varandas de forxa da fachada principal.

Intervención: operacións de mantemento nas varandas, consistentes na realización de pequenas reparacións e pintado do dourado das follas ornamentais.

  

 

Mosteiro de San Martiño Pinario

Proxecto: restauración da fonte do claustro principal.

Intervención: restauración da fonte monumental que preside o centro do claustro do mosteiro, realizada en estilo barroco e cuxa autoría se atribúe a Fernando de Casas. A intervención supuxo a limpeza e restauración da fonte, novos rexuntados na pedra e revisión do sistema de circuíto de auga.

 


Mosteiro de San Paio de Antealtares

Proxecto: restauración do relevo da Fuxida a Exipto (Borriquiña).

Intervención: recuperación do retablo pétreo coñecido como a Borriquiña, que representa a escena evanxélica da Fuxida a Exipto da Sagrada Familia, no convento de San Paio de Antealtares.  O proxecto consiste na limpeza integral do conxunto, o arranxo de pezas rotas e a recuperación da súa policromía.

    

Proyecto: mantemento das reixas das ventás da torre sureste.

Intervención: desmontaxe e restauración das reixas das ventás, con recuperación dos chumbos nos engarces coa pedra.

   

 

Monumento a San Francisco de Asís

Proxecto: restauración do monumento.

Intervención: restauración do monumento a San Francisco de Asís, importante obra escultórica de Asorey. Elimináronse humidades e danos provocados pola invasión de brións e algas.

 

 

Convento de San Francisco

Proxecto: limpeza da fachada principal da igrexa conventual.

Intervención: limpeza da fachada, eliminación de humidades, suciedade e invasión de vexetais, algas e líquenes e invasión de pombas. Limpeza completa, con tratamento de hidrofugado nas partes planas da fachada, para evitar acumulación de auga.

    

 

Orde Terceira Franciscana

Proxecto: conservación da fachada da capela.

Intervención: traballos de conservación na súa fachada este, saneamento e repaso de revocos e pintura. Instalación de baixantes de auga, en cobre, para mellorar o desaugadoiro.

  

 


Convento de Santa Clara

Proxecto: restauración das reixas das ventás da fachada principal.

Intervención: retirada de reixas para a súa limpeza e arranxo no taller e rehabilitación dos dinteles de pedra dos ocos das xanelas.

    

 

Igrexa de Laraño

Proxecto: reconstrución do campanario.

Intervención: a torre do templo sufriu danos a raíz dunha tormenta o 22 de abril de 2010. Os traballos consistiron nunha restauración completa da torre e supuxeron o desmonte e posterior reconstrución do tramo correspondente á cúpula, sobre o corpo das campás. Ademais restaurouse a cruz de ferro que coroa a torre.

    

 

Pazo de Raxoi

Proxecto: probas experimentais para a reducción de concentración de gas radón

Intervención: o Concello de Santiago encomendou ao Consorcio de Santiago a posta en marcha de traballos dirixidos á redución de concentración de gas radón en edificios da Cidade Histórica. Para iso iniciáronse ensaios experimentais en dependencias do Pazo de Raxoi, para posteriormente trasladar os resultados obtidos aos inmobles do casco histórico.