Rehabilitación de monumentos 2019

Cemiterio da Orde Terceira Franciscana

Proxectoobras de acondicionamento do cemiterio da Orde Terceira Franciscana para a súa apertura ao público

Intervencióna falta de mantemento fai que presente problemas de crecemento incontrolado de vexetación, dificultades de escorrentía das augas pluviais e suciedade, xunto a intervencións desordenadas que alteran a coherencia construtiva e histórica do conxunto. No que se refire á xardinería, a maioría das especies vexetais foron plantadas sen seguir ningún criterio nin de selección das especies nin no relativo á súa localización. Trátase de acondicionar o cemiterio a través da limpeza dos elementos de pedra existentes no mesmo, a mellora dos pavimentos e a reordenación das especies vexetais.


    



Ermida de Agualada de Marantes

 

Proxectoobras de mantemento da ermida de Agualada de Marantes

Intervenciónrealizáronse tarefas de limpeza da pedra das fachadas, renovouse o tellado da sancristía e levouse a cabo a drenaxe da cara exterior dos muros que conforman a igrexa.


        



Igrexa de Santa María de Marrozos


Proxecto: intervención na cuberta e nas fachadas da igrexa de Santa María de Marrozos

Intervenciónas actuacións na cuberta centráronse na mellora da súa estanquidade. Levouse a cabo unha revisión e limpeza do sistema de canlóns e baixantes así como da súa conexión á rede local de condución de auga. Limpáronse os paramentos exteriores da nave e aplicouse pintura mineral. Levantouse a grava perimetral da gabia de drenaxe existente que conecta as canalizacións de pluviais e revisouse todo o sistema asegurando que a evacuación das augas se produce correctamente fóra do recinto. No interior da igrexa levantouse o pavimento de madeira no encontro cos muros e renovouse a varanda da escaleira de acceso ao coro.

 

 

      


 

Edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

 

Proxecto: instalación dun ascensor no edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

Intervención: vaise instalar un ascensor no edificio da cidade histórica situado na Praza de Salvador Parga nº 4. Na actualidade é a sede do Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País. A finalidade desta intervención é garantir a accesibilidade universal a todas as plantas deste inmoble.

 



Museo do Pobo Galego


Proxectoadecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego

Intervenciónunha das propostas máis relevantes do proxecto é a creación dun núcleo de comunicación vertical, integrado por un ascensor de alta capacidade e por unha escaleira que unirá todas as plantas. As fachadas da ala sur vanse revocar, melloraranse as condicións térmicas e renovaranse as cubertas. Substituirase ademais a estrutura portante dos forxados que se atopan en mal estado ou que son incapaces de soportar as cargas de uso propias dun museo. Realizarase a limpeza e restauración da fachada do atrio da igrexa de Bonaval, das súas carpinterías e das súas reixas históricas.