Rehabilitación de monumentos 2021

Capelas da iglesia de San Martiño Pinario

 

Proxecto: reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario

Intervención: o obxectivo principal desta actuación era evitar a entrada da auga da choiva cara ao interior dos muros das capelas da Nosa Señora do Socorro, Santa Catalina e Santa Escolástica. Interveuse nas súas cubertas, ao tempo que se realizou unha limpeza e rexuntado das súas fachadas e das fachadas da nave central da igrexa que son accesibles desde estas cubertas, xunto a outras obras menores. 

 

      



Ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval

 

Proxecto: adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para ampliación do Museo do Pobo Galego

Intervención: creouse un núcleo de comunicación vertical que dá acceso a todos os andares do edificio, integrado por un ascensor de alta capacidade e por unha escaleira; e nesta zona habilitáronse aseos novos. As fachadas saneáronse e revocáronse. As cubertas sometéronse a unha reestruturación completa. Incorporáronse instalacións de acondicionamento térmico, fontanería e saneamento, electricidade, telecomunicacións, seguridade, prevención antiincendios... apostando pola xeotermia como forma de enerxía sostible. Ademais, preveuse a evacuación do gas radón a través dun novidoso sistema de sumidoiros. Na zona sur da primeira e segunda planta substituíuse a estrutura do solo. A obra incluíu a limpeza e restauración da reixa da fachada da anteigrexa de Bonaval.

 

      

 


Pazo de Raxoi

 

Proxecto: substitución da cuberta do Pazo de Raxoi

Intervención: a cuberta do corpo central, situada sobre a sala de delineación, presenta unha gran cantidade de tellas rotas e desprendidas. As cubertas que se corresponden co salón de actos do Consello da Cultura Galega e a da zona leste do arquivo municipal tamén amosan danos importantes. En consecuencia, prodúcense filtracións da auga da choiva ao interior do inmoble. 

 

   

 

 

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

 

Proxecto: substitución da cuberta do Palacio de Congresos

Intervención: con esta intervención búscase solventar as continuas e abundantes filtracións da auga da choiva en numerosos puntos do edificio.