Rehabilitación de Vivendas

O Consorcio de Santiago promove e participa en diferentes programas de axudas á rehabilitación de vivendas e edificios na Cidade Histórica de Santiago, ofrecendo apoio técnico e económico. A través da súa Oficina Técnica realiza asesoramento técnico aos cidadáns, axudándoos a diagnosticar as necesidades de intervención nas súas vivendas e acompañándoos en todo o proceso. Unha atención directa, persoal e cualificada aos habitantes da Cidade Histórica e aos axentes que interveñen nas obras.

 

 


Obxectivos das axudas:

-Manter o tecido residencial, mellorando as condicións de habitabilidade das súas vivendas e promovendo a ocupación daquelas que no últimos anos foron abandonadas.

-Promover socialmente a cultura de rehabilitación e o mantemento coherente das edificacións da cidade histórica.

-Estruturar na cidade unha rede de operadores da rehabilitación, fomentando unha praxe construtiva e acertada, suficientemente experimentada para conservar e mellorar estes edificios.  

 

 

Axudas para a REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS da área de rehabilitación do casco histórico


Tramitación das axudas:

1.Solicitude de visita dun técnico da Oficina Técnica ao inmoble que se pretende rehabilitar.

2.Redacción da documentación técnica por parte da Oficina Técnica, cando se trate de obras menores. Para as obras de maior entidade, o particular deberá encargar o correspondente proxecto a un técnico competente.

3.Solicitude da subvención, achegando o proxecto técnico, a documentación relativa á titularidade do inmoble, ao destino da vivenda e aos ingresos familiares do solicitante.

4.Aprobación inicial da subvención, sempre que se cumpran as condicións indicadas.

5.Execución das obras, unha vez obtida a licenza. Os solicitantes poderán contratar as obras con calquera empresa ou ben cunha empresa homologada polo Concello.

6.Aprobación definitiva da subvención, se as obras fixéronse conforme ao disposto pola Ordenanza e a documentación técnica para a que se obtivo a correspondente licenza. Pago da súa contía, despois de finalizadas as obras.

 

Solicitude de axudas en:

Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación

Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 19

 

Máis información

 

       

 

Axudas á rehabilitación de ELEMENTOS ESPECIAIS DE MADEIRA E REIXAS de inmobles da Cidade Histórica


Axudas para a rehabilitación, restauración o reposición de elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios; e restauración das reixas e pezas de ferro existentes en portais, ventás e balcóns de inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Axudas convocadas polo Consorcio de Santiago. Convocatoria de axudas en 2006, 2008, 2009, 2011, 2014, 2015, 2016 e 2017.


-Bases e convocatoria para as axudas á rehabilitación de elementos especiais de madeira e reixas 2017


-Bases e convocatoria para as axudas á rehabilitación de elementos especiais de madeira e reixas 2016


-Bases e convocatoria para as axudas á rehabilitación de elementos especiais de madeira e reixas 2015

-Corrección de erros no BOP (axudas á rehabilitación de elementos especiais de madeira e reixas 2015)

-Relación de beneficiarios. Convocatoria 2015

 

   

 

  

Programa de EDIFICIOS TUTELADOS


Programa que permite rehabilitar edificios en desuso para a súa posterior explotación en réxime de aluguer por parte do concello. Transcorrido un mínimo de 12 anos o propietario recupera o edificio libre de cargas. Convocatorias en 2008 e 2009.

 

Rúa do Medio, 65. Rehabilitado na convocatoria de 2008