Paraninfo da USC e Auditorio de Galicia
Os alumnos e alumnas que este ano cursaron o Curso Avanzado de Especialización Orquestral que oferta a Escola de Altos Estudos Musicais interpretarán, a partir do luns 29, os concertos de cámara de final de curso cos que porán o punto e final aos seus estudos e nos que ofrecerán unha interpretación solista destacada.
Os concertos serán ás 19.30h os días 29, 30 e 31 de maio e 1, 2, 5, 6 e 7 de xuño no Paraninfo da Universidade de Santiago. Ademais, o vindeiro día 8 de xuño, ás 20.30h no Auditorio de Galicia, os alumnos seleccionados polos profesores do curso participarán como solistas nun concerto extraordinario coa Real Filharmonía de Galicia.
Nestes eventos participarán o día 29 o cellista Robrecht de Roeck e o trompista Joan García. Ao día seguinte tocará o trompetista Carlos López así como un cuarteto de corda conformado por Adriana Winkler (violín I), Juan Pablo Calderón (violín II), Fernando Fresno (viola) e Robrecht de Roeck (violoncello). O mes de maio rematará co concerto o día 31 da fagotista Belén Carril e o clarinetista Miguel Peñarroja.
O xoves, 1 de xuño, será a quenda do frautista Carlos Cascales e o violinista Ramón Rodríguez-Peña, e ao día seguinte o concerto será do violista Fernando Fresno e a oboísta Rosalba Olivares.
Xa na seguinte semana, o luns comezará co recital de dous violinistas: Pablo Calderón e Celia Montáñez. Ao día seguinte participará a cellista Iryna Morozova e o contrabaixista Pablo Rincón. No último dos concertos participará o violinista Daniel Rodríguez e o percusionista Gonzalo Otero.
Todos os recitais son abertos ao público con entrada de balde ata completar a capacidade da sala.