Os frautistas Matthieu Gauci-Ancelin e Davide Formisano ofrecen clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. Serán un total de 11 alumnos/as e, en ambos os días, haberá un horario reservado para o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, de 10:00 a 12:00h.
Como solista, Matthiriu Gauci-Ancelin actuou con numerosas orquestras, entre elas a Orquestra Sinfónica de Praga, a Deutsches Kammerorchester, a Sinfonia Varsovia e a orquestra da Komische Oper. É profesor na University of Music and Performing Arts Graz en Austria e ensinou en Hanns Eisler Berlín do 2017 ao 2019.
Por outra banda, Davide Formisano é un recoñecido flautista italiano nado en Milán no ano 1974. Diplomado con máxima cualificación no Conservatorio Giuseppe Verdi de Milán, ampliou os seus estudos en Stutgart e Basilea. Foi flauta solista da Orquestra do Teatro alla Scala de Milán durante máis dunha década (desde 1997 ata 2012), e ademais de desenvolver unha intensa actividade solística e camerística, dedicase tamén á docencia, impartindo clases mestras e ensinando en institucións musicais de prestixio.
Todos os alumnos recibirán unha hora de clase con cada un dos profesores do curso por importe de matrícula de 119€.