O día 29 de marzo terá lugar na Escola de Altos Estudos Musicais, unha xornada de clases maxistrais da man da violista Sara Ferrández.
Os horarios serán de 18:00 a 20:00h e ademais, haberá un horario dedicado ao alumnado do CAEO: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h.
Nada en Madrid en 1995 nunha familia de músicos, Sara comezou a tocar viola con tan só 3 anos e, dada a súa madurez interpretativa, desde os 7 xa empezou actuar como solista. Aos 13 anos ingresou na Escola Superior de Música Raíña Sofía. Posteriormente completou os seus estudos na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín onde se formou con Tabea Zimmermann, e actualmente continúa a súa formación en Kronberg Academy coa aclamada profesora Nobuko Imai.
Sara toca unha viola de David Tecchler construída en 1730, e un arco de Nicolàs Leonard Tourte, ambos os cedidos por Stephan Jansen e a Stretton Society.