A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) recibirá os próximos 20 e 21 de xaneiro de 2026 á recoñecida violinista Raquel Areal Martínez, integrante desde 2025 da Berliner Philharmoniker e unha das intérpretes galegas máis destacadas no panorama internacional.
Nacida en Tui en 1999, Raquel formouse con mestres de referencia como Zakhar Bron, Yuri Volguin e Kolja Blacher, estudando na Escola Superior de Música Reina Sofía e na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín. Ao longo da súa traxectoria profesional traballou con directores e solistas da talla de Kirill Petrenko, Sir Simon Rattle, Janine Jansen, Daniel Barenboim, Andris Nelsons ou Lisa Batiashvili, presentándose como solista e camareira nas mellores salas de concertos do mundo.
Gañadora do Lipinski & Wieniawski Violin International Competition, Raquel Areal mantén unha intensa actividade artística con actuacións recentes e futuras coa Filarmonía de Galicia, a Orquestra do Algarve, a Orquestra Sinfónica da Universidade de Concepción (Chile) e outras formacións de prestixio.
Durante a súa estancia na EAEM ofrecerá clases maxistrais de violín para alumnado avanzado, compartindo a súa experiencia como antiga membro da Karajan Academy e actual integrante da Berliner Philharmoniker, onde é a primeira galega en entrar a formar parte desta institución.
As inscricións permanecerán abertas ata cubrir prazas.