Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais fai público o listado de músicos aspirantes a entrar no Curso Avanzado de Especialización Orquestral do vindeiro ano. En total son 97 persoas as que participarán nas probas de selección que se celebrarán os vindeiros 15, 16 e 17 de xullo.
Destes 97, catorce persoas aspirarán a entrar na praza de Clarinete; dúas para a praza de contrabaixo; unha para a praza de fagot; dezaseis para a praza de frauta; doce músicos e músicas para a proba de óboe; sete percusionistas para a praza deste instrumento; doce para a praza de trompa; sete para a praza de trompeta; sete para as dúas prazas de viola; dez para as seis prazas de violín e nove para as dúas prazas de violoncello.
As probas comezarán o sábado 15 de xullo á tarde coa proba de fagot (16.30h), óboe (16.45h) e percusión (18.15h). O domingo 16 realizaranse as de clarinete (10h), frauta (12.30h), trompa (16.30h) e trompeta (18h) para rematar o luns 17 con contrabaixo (10h), viola (10.30h), violoncello (11.30h) e violín (16.30h).
Os candidatos deberán presentarse na Escola de Altos Estudos Musicais media hora antes da súa proba correspondente co DNI ou documento acreditativo.