A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) acolleu os pasados 7 e 8 de maio as clases maxistrais de percusión impartidas polo profesor Juanjo Guillem. Durante dúas intensas xornadas de traballo, o músico compartiu coñecementos, recursos técnicos e experiencias coa alumna do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, Lola Olmo, nun encontro especialmente enriquecedor arredor da interpretación e da percusión actual. Este tipo de actividades permiten crear espazos de aprendizaxe, intercambio de ideas e perfeccionamento técnico da man de profesionais de referencia.

Te puede interesar