Este xoves, día 30 de xaneiro, o alumnado do Curso de Especialización Orquestral (CAEO) da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) comezan as actuacións dunha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos que fai parte da súa formación profesional.

O primeiro destes concertos de cámara celebrarase no último xoves do mes de xaneiro, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 19:30 horas. Contará coa actuación dos alumnos Erika García (clarinete), Roi Guzmán (trompa), Esteban García (fagot), Pedro Budiño (violín), Xiana Baliñas (viola), Irene Sancho (contrabaixo) e tamén do chelista Thomas Piel e da profesora Ildiko Oltai (violín).

Os estudantes interpretarán Septimino, do compositor Ludwig van Beethoven (1770-1827),  e o concerto terá unha duración de aproximadamente 40 minutos. Precederá o espectáculo “Únicas”, da Real Filharmonía de Galicia (incluído na súa temporada de abono).

Programana de man

Septimino en Mi b M op 20 de L.v. Beethoven
Adagio – Allegro con brio
Adagio cantabile
Tempo di menuetto
Tema con variazioni. Andante
Scherzo. Allegro molto e vivace
Andante con moto alla marcia – Presto

Te puede interesar