A Escola de Altos Estudos Musicais presenta a súa oferta de clases maxistrais para a temporada 2025.

Estas clases, impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional, realizaranse os próximos meses na sede da Escola para alumnado de fagot, trompeta, violín, frauta, trompa, violoncello, contrabaixo, viola, percusión e clarinete.

As clases estarán a cargo da fagotista María José Rielo os días 6 e 7 de febreiro, o trompetista Josep Anton Casado os días 13 e 14 de febreiro, a violinista Raquel Castro os días 20, 21 e 22 de febreiro, os frautistas Matthiriu Gauci-Ancelin e Cristina Fassbender os días 27 e 28 de febreiro, a violoncellista Suzana Stefanovic o 7 e o 8 de marzo, o contrabaixista Jorge Muñoz os días 13 e 14 de marzo, a violista Sara Ferrández o 29 de marzo, o percusionista Juanjo Guillem o 19 e 20 de maio e tamén o clarinetista Nicolas Baldeyrou (datas por determinar).

As clases maxistrais terán horarios reservados para os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Máis información.

Podeche interesar