A Escola de Altos Estudos Musicais presenta a súa oferta de clases maxistrais para os vindeiros meses de novembro e decembro.

Estas clases, impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional, celebraranse nos próximos meses na sede da Escola para alumnos de óboe*, violonchelo, clarinete, volín* e frauta.

*As prazas de alumnos activos das especialidades de óboe e violín están esgotadas.

Deste xeito, estarán na EAEM o oboísta Nick Deustch, entre os días 12 e 14 de novembro, a violoncellista Suzana Stefanovic os días 20, 21 e 22 de novembro, a violinista Raquel Castro os días 27, 28 e 29 de novembro e tamén os frautistas Matthieu Gauci-Anceli e Davide Formisano os vindeiros 11 e 12 de decembro.

As clases maxistrais terán horarios reservados para o alumnado do Curso Superior de Especialización Orquestral.

A inscrición pódese realizar a través da páxina web da EAEM.

Máis información

Te puede interesar