A Escola de Altos Estudos Musicais celebrou entre o sábado 12 e o luns 14 de xullo as probas de selección para o curso 2025-26 do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.
Nas probas había persoas aspirantes para as prazas dispoñibles de especialización en clarinete, óboe, fagot, frauta, trompa, trompeta, percusión, contrabaixo, viola, violoncello e violín.
Nesta relación establécense os candidatos seleccionadas que agora terán que formalizar a súa matrícula. Tamén se establece unha lista de espera en todos os instrumentos agás en viola e violín, nos que a EAEM volverá facer unha convocatoria extraordinaria para cubrir unha praza vacante de violín e unha de viola.