Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais celebrou entre o sábado e o luns 17 de xullo as probas de selección para o curso 2023-24 do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Nas probas había 97 persoas aspirantes para as prazas dispoñibles de especialización en clarinete, óboe, fagot, frauta, trompa, trompeta, percusión, contrabaixo, viola, violoncello e violín.

Nesta relación establécense os candidatos seleccionadas que agora terán que formalizar a súa matrícula. Tamén se establece unha lista de espera en todos os instrumentos agás en violoncello e violín, nos que a EAEM volverá facer unha convocatoria extraordinaria para cubrir as tres prazas vacantes de violín e unha de violoncello. 

Podeche interesar