Esta semana o Consello Académico do Curso Avanzado de Especialización Orquestral reuniuse nas instalacións da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), para analizar e actualizar as liñas de traballo da formación.

No encontro participaron: D. José Antonio Dominguez, xerente do Consorcio de Santiago de Compostela; D. Enrique Meyer, xefe de estudos da EAEM; D. Baldur Brönnimann, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Laurent Blaiteau, frautista da Real Filharmonía de Galicia e profesor da EAEM; Dª. María José López Couso, vicerrectora de Titulacións da USC; Dª Pilar Murias Fernández, vicerrectora de Estudantes e Cultura; D. Javier Otero Neira, profesor e representante da Consellería de Cultura e tamén D. Francisco Javier Garbayo Montabes, profesor e delegado académico do curso.

Un dos temas abordados foi a ampliación da formación do alumnado, incorporando novos enfoques adaptados aos desafíos dos repertorios máis actuais e á presenza cada vez maior da música contemporánea nas programacións orquestrais. Esta actualización do plan de estudos busca garantir unha aprendizaxe máis completa, actual e en diálogo co futuro da música clásica, reforzando así o compromiso da EAEM coa excelencia e coa innovación pedagóxica.

Podeche interesar