Escola de Altos Estudos Musicais

Durante a primeira fin de semana de abril, tiveron lugar na Escola de Altos Estudos Musicais, as clases maxistrais de violín da man da profesora Raquel Castro. Durante os tres días da convocatoria, o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral e estudantes de música de diferentes niveis puideron achegarse a intercambiar ideas e recibir recomendacións específicas ante as dúbidas expostas.

Raquel Castro naceu na localidade de Aguiño, en Ribeira, formou parte da Orquestra Xove de Galicia e, actualmente, exerce como intérprete e pedagoga do violín. As súas recentes actuacións levárona, ademais de por toda España, a países como Gran Bretaña, Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Estados Unidos, Israel e a diversos lugares de Oriente Medio.

Podeche interesar