A violoncellista Suzana Stefanovic ofrecerá clases maxistrais os vindeiros días 8 e 9 de marzo na Escola de Altos Estudos Musicais. No primeiro día o horario ofertado será de 16:00 a 20:00h e no segundo haberá opcións de 12:00 a 14:00h e tamén de 16:30 a 19:30h.

Ademais, hai un horario especial destinado ao alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral: no día 8 de marzo será de 10:00 a 14:00h e, no día 9, de 10:00 a 12:00h.

Unha galardoada violoncellista
Desde os inicios da súa carreira musical Suzana ten gañado numerosos galardóns. Destaque para o Primeiro Premio do Concurso de Artistas Musicais en Zagreb en 1987 e o Premio "Outubro" da cidade de Belgrado á súa "intensa actividade musical" en 1980.

Tocou coas orquestras máis prestixiosas de Europa, entre elas a Orquestra de Cámara Europea; baixo a batuta de grandes directores.

Máis información

Pódeche interesar