Xa está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Especialización Instrumental (CEI), organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM).
Dando continuidade ao seu labor formativo no ámbito territorial e tras o éxito das edicións anteriores, a EAEM convoca unha nova edición deste curso, impartido polo seu profesorado titular e dirixido ao estudantado de Galicia en período de formación (non graduado).
O Curso de Especialización Instrumental ten como obxectivo contribuír á formación de novos músicos e músicas galegas a través da experiencia dun equipo docente altamente cualificado, ofrecendo un espazo de perfeccionamento, aprendizaxe e crecemento artístico.
As persoas interesadas poden consultar as bases e formalizar a súa inscrición a través das canles oficiais da EAEM.