A Real Filharmonía de Galicia ofreceu o pasado xoves, 8 de xuño, no Auditorio de Galicia de Santiago un concerto extraordinario con alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, adscrita á propia orquestra.

Neste recital, sete alumnos do CAEO interpretaron, como solistas, obras da súa elección. Foi baixo a dirección do director asociado da Real Filharmonía, Maximino Zumalave.

Os sete músicos que actuaron como solistas foron o cellista Robrecht de Roeck, os violinistas Daniel Rodríguez, Celia Montañez e Ramón Rodríguez-Peña, o frautista Carlos Cascales, a fagotista Belén Carril e o clarinetista Miguel Peñarroja. As pezas escollidas son dos compositores J. Haydn, W. A. Mozart, J. S. Svendsen, G. Fauré, C. Saint-Saëns e C. M. v. Weber.

Podeche interesar