Este martes, 23 de maio, alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofreceron un concerto de cámara de percusión e trompeta na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Nel, os alumnos interpretaron obras de Marc-Antoine Charpentier, Antonio Vivaldi, James M. Stephenson, Anthony J. Cirone así como dúas pezas populares mexicanas.

Os percusionistas foron Gonzalo Otero, Iria Antelo, Gael Alberto e Jorge Denís, mentres que o trompetista foi Carlos López. Deles, Gonzalo Otero e Carlos López, son alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral e Antelo, Alberto e Denís son membros do Curso de Especialización Instrumental. O profesor que os acompañará foi Iñaki Martín.

Podeche interesar