A Escola de Altos Estudos Musicais informa que as clases maxistrais de fagot previstas proximamente quedan aprazadas por motivos de saúde.

Na actualidade non hai unha nova data confirmada para a súa celebración. A organización traballa arestora para poder reprogramar a actividade nas mellores condicións e garantir o correcto desenvolvemento das sesións.

Todas as persoas inscritas ou interesadas recibirán información actualizada tan pronto como se estableza unha nova convocatoria. A EAEM agradece a comprensión do alumnado e reafirma o seu compromiso coa calidade e continuidade das súas actividades formativas.

Te puede interesar