Información e inscrición

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) celebrará os vindeiros 7 e 8 de maio as clases maxistrais de percusión a cargo de Juanjo Guillem, tras o cambio de datas previsto inicialmente. O percusionista valenciano, figura de referencia no panorama contemporáneo, desenvolverá dúas xornadas intensivas dirixidas a alumnado avanzado e profesionais.

Considerado un dos grandes expoñentes da percusión en España e a nivel internacional, Guillem desenvolveu unha destacada traxectoria como intérprete, docente, compositor e produtor. Actuou en Europa, Asia e América, interpretando obras de compositores como Takemitsu, Gubaidulina, Tan Dun ou Cristóbal Halffter, e colaborando con formacións como a Orquestra Nacional de España ou a Orquestra Sinfónica de Madrid.

Cun forte compromiso coa pedagoxía, é fundador do Centro de Estudos NEOPERCUSIÓN e profesor en institucións como o Centro Superior Katarina Gurska e a Universidade Alfonso X O Sabio. Estas clases constitúen unha oportunidade única para afondar na técnica e no repertorio contemporáneo da man dun dos nomes imprescindibles da percusión actual.

Te puede interesar