Este mércores, día 1 de outubro, tivo lugar a presentación oficial do Curso Avanzado de Especialización Orquestral na Escola de Altos Estudos Musicais.
O xefe de estudos, Enrique Meyer, foi o encargado de dar a benvida ao novo alumnado e de explicarlles como se desenvolverán as clases ao longo deste curso académico. Durante a súa intervención, Meyer detallou a parte teórica do programa, así como o funcionamento da plataforma dixital que empregará o alumnado.
Ademais, fixo especial fincapé na participación dos estudantes nos concertos de temporada da Real Filharmonía de Galicia, unha oportunidade única para completar a súa formación práctica compartindo escenario cos profesionais da orquestra.