O clarinetista Eduardo R. Beltrán, que visitará a Escola de Altos Estudos Musicais os días 23 e 24 de febreiro no marco das Master Class deste cuadrimestre, ofrecerá o venres 24 de febreiro unha charla-exposición, que levará por nome 'Aportacións á interpretación. dende o punto de vista dos instrumentos históricos'. A conferencia será de 12:00 a 13:00 horas no Auditorio da EAEM e estará aberta ao alumnado.

Esta charla consistirá nunha presentación-exposición dos instrumentos e unha explicación das súas calidades técnicas, características sonoras, construtores... todo enfocado á interpretación dos concertos máis importantes do noso repertorio.

Ademais, xa está aberta a inscrición para as Master Class. Podes informarte nesta lizagón.

Podeche interesar