A EAEM tivo o privilexio de acoller ao contrabaixista Edicson Ruiz, unha das grandes referencias internacionais do instrumento e membro da Filharmónica de Berlín. Durante estas xornadas intensas de aprendizaxe, o alumnado puido achegarse á súa experiencia, musicalidade e visión artística nun encontro cheo de inspiración e excelencia.
Nas imaxes, o alumno Nicolás García traballando man a man co mestre nunha sesión de alto nivel, onde técnica, expresión e sensibilidade musical se deron a man. Unha oportunidade única para seguir medrando da man dos grandes profesionais da escena internacional.