No días 22 e 23 de maio tiveron lugar na Escola de Altos Estudos Musicais, as clases maxistrais de percusión da man do profesor Iñaki Martín. O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral e estudantes de música de diferentes niveis recibiron orientacións e recomendacións durante as xornadas.

A experiencia orquestral de Iñaki Martín comezou no ano de 1986 ao converterse en membro da Orquesta de Jóvenes del Mediterráneo e colaborador habitual de outras tantas orquestras españolas (Sinfónica de Madrid, Sinfónica de Tenerife ou mesmo a Sinfónica da Radiotelevisión Española). En 1991 foi seleccionado para formar parte do cadro de músicos da Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, posición que segue ocupando na actualidade.

Podeche interesar