Os días 13 e 14 de marzo, o contrabajista Jorge Muñoz impartirá clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. O horario do xoves 13 será de 10:00 a 12:00h e de 16:00 a 20:00h mentres que o venres 14 será de 11:00 a 12:00h.
Na ocasión, haberá un horario especial para os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, será o venres de 10:00 a 11:00h e de 16:00 a 18:00h.
Jorge Muñoz é Catedrático de Contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Málaga e anteriormente estivo na Orquestra e Coro Nacionais de España e tamén no Conservatorio Superior de Música de Castela e León.