A inscripción está aberta tanto para alumnado activo como oínte

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) acollerá os vindeiros 7 e 8 de maio unhas clases maxistrais de percusión impartidas por Juanjo Guillem, unha das personalidades máis influentes e recoñecidas no ámbito da percusión a nivel internacional.

Percusionista solista, músico de orquestra, docente e impulsor de múltiples proxectos, Guillem desenvolveu unha traxectoria marcada pola excelencia artística e polo seu compromiso coa música actual. Ao longo da súa carreira, actuou en escenarios de Europa, Asia e América, e colaborou con algunhas das formacións máis destacadas, ademais de estrear obras escritas especialmente para el por compositores de referencia.

Estas xornadas na EAEM están concibidas como unha oportunidade única para o alumnado avanzado e profesionais que desexen afondar na técnica, na interpretación e no repertorio actual da percusión da man dun referente indiscutible.

Ademais do seu prestixio como intérprete, Juanjo Guillem destaca pola súa intensa labor pedagóxica, sendo fundador do Centro de Estudos NEOPERCUSIÓN e profesor en institucións de recoñecido prestixio internacional.

A participación pode realizarse tanto en modalidade activa como como oínte, ofrecendo unha experiencia formativa aberta, próxima e de alto nivel.

Te puede interesar