Este curso diríxese a estudantes que finalizaron a súa formación musical e queren formar parte dunha orquestra profesional. A través deste curso, que comezará en outubro de 2025 e finalizará en xuño de 2026, os participantes recibirán clases individualizadas da man dos seus profesores, todos músicos da Real Filharmonía, e doutros solistas de relevancia internacional.

Ademais, estes alumnos participarán nos concertos da RFG, baixo a supervisión dos seus titores, e ofrecerán diversas actuacións ao longo do período lectivo como solistas, en grupos de cámara ou formando coa propia orquestra.

Podeche interesar