Nos días 25 e 26 de abril o experimentado músico Mateusz Stasto impartiu clases maxistrais de viola na EAEM. Durante as xornadas, o profesor tivo a ocasión de aclarar as principais dúbidas do alumnado e ofrecer suxerencias e recomendacións para perfeccionar ás súas técnicas.

O violista Mateusz Stasto naceu en 1977 en Cracovia (Polonia) e iniciou os seus estudos musicais con violín aos sete anos. Completou a súa mestría con distinción na Academia de Música de Cracovia e desde o 2004 é membro da Orquestra Sinfónica do Porto, onde actúa como 1º solista de violas.

 

Podeche interesar