A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) acollerá os vindeiros 9 e 10 de abril as clases maxistrais impartidas polo fagotista Hans Agreda, actual contrafagot da Orquesta Tonhalle de Zúrich e profesor na Universidad de las Artes de Zúrich (ZHdK), unha das institucións musicais máis prestixiosas de Europa.

Aínda quedan prazas dispoñibles o venres 10 de abril das clases maxistrais que impartirá na EAEM durante a segunda semana de abril.

Durante a sesión, dirixida a alumnado avanzado, traballaranse aspectos fundamentais da técnica, o son, o repertorio orquestral e a musicalidade. As inscricións permanecerán abertas ata completar as prazas dispoñibles.

Te puede interesar