Nos vindeiros días 4, 5, 9, 10 e 11 de xuño, a Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá unha serie de concertos como parte do proxecto formativo do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO). Esta iniciativa, que pertence ao ciclo “A Escola na Cidade”, terá lugar no Paraninfo da Facultade de Historia da USC, ás 19:30h. As actuacións representan o colofón dos seus estudos e o alumnado estará acompañado polos seus respectivos titores.
O primeiro concerto, o mércores 4 de xuño, estará protagonizado polos alumnos Xiana Baliñas e Francisco Javier Ruiz Rivas, viola e óboe, respectivamente. Na ocasión, escoitaremos a interpretación de Baliñas de obras de Robert Schumman e Johann Nepomuk Hummel, mentres que Ruiz tocarás obras de Georg Phillip Telemann, Amadeus Mozart e Richard Strauss.
Deseguido, o xoves día 5, será a ocasión dos alumnos Pero Budiño Pinaque (violín), Roi Guzmán Gómez (trompa) e Belén Aragunde Canabal (frauta). Budiño interpretará obras de Johann Sebastian Bach, Claude Debussy e Johannes Brahms, mentres que Guzmán encargarase da interpretación de composicións de Reinhold Glière. O peche desta noite estará a cargo de Arangunde coas obras de Giacinto Scelsi, Pierre Sancan e Wolfgang Amadeus Mozart.
Na seguinte semana celebraranse concertos os días 9, 10 e 11. O luns 9 haberá a presentación da alumna de viola Inês Fernando e do alumno de trompeta, Óscar Rial Salgueiro, onde interpretaranse obras de Franz Schubert e Franz Joseph Haydn, respectivamente. Xa o martes 10 será a ocasión de escoitar á violinista Yiran Niu, xunto á contrabaixista Irene Sancho Álvarez e o percusionista Jorge Denís Sanromán. Niu presentará obras de Johann Sebastian Bach e Max Bruch, mentres que Sancho encargarase da interpretación de obras de Adolf Misek e Serge Koussevitzky e Denís as obras de Jan Freicher, Casey Cangelosi e Emmanuel Séjourné.
O último desta serie de concertos será o mércores 11 de xuño e traerá a actuación de Esther Fernández González e Erika García, violonchelo e clarinete, respectivamente. Neste caso, a alumna de corda interpretará obras de Franz Joseph Haydn, Gaspar Cassadó e César Franck, mentres que a alumna de vento encargarase da interpretación de obras de Robert Schumman, Francis Poulenc e Bruno Mantovani.
Entrada libre
Para calquera dos cinco recitais a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Cómpre indicar que estes ofrécense dentro do programa A Escola na Cidade e contan coa colaboración da Universidade e o Concello de Santiago de Compostela.
Programa de man do día 4 de xuño
Programa de man do día 5 de xuño
Programa de man do día 9 de xuño