Éxito absoluto na convocatoria para as clases maxistrais de clarinete da man do músico Nicolas Baldeyrou.
Os días 27 e 28 de marzo, o clarinetista Nicolas Baldeyrou impartirá clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. O horario do xoves 27 será de 12:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h mentres que o venres 28 será de 11:00 a 12:00h e de 16:00 a 19.00h.
Na ocasión, haberá un horario especial para os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, será o xoves de 10:00 a 12:00h e o venres de 10:00 a 11:00h.
Nicolas Baldeyrou licenciouse en clarinete baixo no CNSMD de París (clase de Michel Arrignon, Jérôme Julien-Laferrière e Jean-Noël Crocq). Ocupa a cátedra de clarinete do CNSM de Lyon desde 2007 e é profesor visitante no Conservatorio Real de Escocia desde 2019.
Tamén participa activamente na investigación e o desenvolvemento do famoso fabricante de instrumentos de vento Buffet Crampon, do que é embaixador desde 2006.