Escola de Altos Estudos Musicais

O día 30 de setembro marcou o inicio do CAEO 2024-2025. O alumnado puido facer parte dos ensaios do primeiro concerto da nova temporada de abono da real Filharmonía de Galicia, “Inconformistas”.

Un total de 13 estudantes de diferentes nacionalidades traballarán durante os vindeiros meses para perfeccionar a súa técnica e aprender da man de experimentados profesionais do eido da música orquestral. Durante as clases teóricas e prácticas terán a ocasión de desenvolverse xunto a unha contorna única que busca aproveitar as sinerxías da cidade e do propio tecido cultural compostelán.

Entre o alumnado elixido para este curso, hai sete participantes de orixe galega, o que consolida a tendencia dun alza constante na participación de estudantes da nosa comunidade.

Te puede interesar