A Escola de Altos Estudos Musicais abre unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental. Esta, que se desenvolverá entre outubro de 2023 e xuño de 2024 será a decimosegunda edición deste curso que busca o perfeccionamento instrumental do alumnado.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 29 de maio, e as probas de selección realizaranse o 10 e 11 de xuño deste 2023. No caso de ser seleccionado, o alumnado terá ata o 19 de xuño para formalizar a matrícula de 300 euros, ben nun prazo, ou ben en dous, sendo a data límite para o segundo pagamento o 15 de setembro.

No caso de que algún dos candidatos renuncie á matricula, abrirase un segundo período ata o 30 de xuño para aqueles interesados que estean en lista de espera.

No apartado do CEI na nosa web podes atopar toda a información.

Podeche interesar