Os rapaces e rapazas participantes no Curso de Corda para Nenos ofreceron un concerto no auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais o pasado sábado 20 de maio.

Nel, todos os participantes demostraron as súas cualidades e todo o aprendido durante o curso cunha actuación solista primeiro e unha actuación en conxunto despois.

Os alumnos participantes foron Álvaro Santos de Lózar, Clara Montero Blanco, Valeria Fernández Estévez, Aine Durán Takebe, Sofía Piñeiro Álvarez, Raquel Aydillo Pato, Gabriela Castelo Vilasoa, Héctor Castelló López e Thai Leonor Otero Iglesias.

Conxuntamente interpretaron as obras Jolly Little String QuartetEnglish Country Dance e Turkey in the Straw de Noah Klauss e o Them from Symphony núm. 7 de Ludwig Van Betthoven con arranxo de Noah Klauss.


Te puede interesar