Escola de Altos Estudos Musicais
Os frautistas Matthiriu Gauci-Ancelin e Cristina Fassbende ofreceron, entre os días 29 de febreiro e 1 de marzo, as primeiras clases maxistrais do ano 2024. As leccións tiveron lugar na Escola de Altos Estudos Musicais e recibiron alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral e tamén estudantes de música de diferentes niveis.
A convocatoria buscou perfeccionar a técnica dos seus asistentes, ademais de ofrecer consellos e resolver as posibles dúbidas do alumnado presente.
Matthiriu Gauci-Anceli é profesor na University of Music and Performing Arts Graz en Austria e ensinou en Hanns Eisler Berlín do 2017 ao 2019. Cristina Fassbender asumiu unha cátedra na Musikhochschule Münster no 2012 e foi nomeada profesora da Universität der Künste de Berlín no 2017.