Escola de Altos Estudos Musicais

Os rapaces e rapazas participantes no Curso de Corda para Nenos ofrecerán un concerto no auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais este sábado, 20 de maio, ás 12.30h.

Nel, todos os participantes demostrarán as súas cualidades e todo o aprendido durante o curso. Será cunha actuación solista primeiro e unha actuación en conxunto despois.

Os alumnos participantes serán Álvaro Santos de Lózar, Clara Montero Blanco, Valeria Fernández Estévez, Aine Durán Takebe, Sofía Piñeiro Álvarez, Raquel Aydillo Pato, Gabriela Castelo Vilasoa, Héctor Castelló López e Thai Leonor Otero Iglesias. As profesoras que as acompañarán serán Clara Martínez, Nazaret Canosa, e Anca Smeu.

Conxuntamente interpretarán as obras Jolly Little String Quartet, English Country Dance e Turkey in the Straw de Noah Klauss e o Them from Symphony núm. 7 de Ludwig Van Betthoven con arranxo de Noah Klauss.

A duración estimada é de unha hora e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

Podeche interesar