Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais fai públicos os horarios das probas de selección do Curso de Especialización Instrumental que se celebrarán o 10 e 11 de xuño.

O prazo de solicitudes estivo aberto ata o 29 de maio. No caso de ser seleccionado, o alumnado terá ata o 19 de xuño para formalizar a matrícula de 300 euros, ben nun prazo, ou ben en dous, sendo a data límite para o segundo pagamento o 15 de setembro.

O horario de cada proba será o seguinte:

SÁBADO 10
Viola: 10:00h
Violoncello: 10:45h
Óboe: 11:30h
Clarinete: 12:15h
Percusión: 13:15h

Trombón: 16:00h
Fagot: 17:00h
Trompeta: 17:30h
Frauta: 19:00h

DOMINGO 11
Trompa: 10:00h
Contrabaixo: 11:30h
Violín: 12:30h

Os aspirantes deberán presentarse media hora antes do comezo das respectivas probas co seu DNI ou outro documento acreditativo.

Podeche interesar