A Escola de Altos Estudos Musicais fai pública a relación de nenos admitidos para o Curso de Corda. Todos os rapaces que se presentaron a esta convocatoria foron admitidos debido ao seu bo nivel. En total, sumando os que se presentaron e os que promocionan do curso pasado, sumarán 18 violíns e 9 violoncellos chegados de moitos recunchos de Galicia.

Este curso busca facer fincapé na formación dos nenos desde o comezo dos seus estudos musicais na especialidade de corda. Está destinado a nenos de entre 5 e 14 anos e realizarase de xaneiro a maio de 2024 impartido por profesorado da EAEM. 

Durante o mesmo, o alumnado terá 10 horas de preparación individual mínimas repartidas ao longo do curso en sesións non inferiores a 30 minutos, así como 5 horas mínimas de actividades colectivas de agrupación instrumental. Como colofón, realizarase un concerto final de curso no que se interpretarán obras individuais e de conxunto.

Agora ábrese o proceso de matrícula ata o día 31 de decembro abonando o importe de 225€.

Podeche interesar